Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

A) MANIPULACIÓN DOS FILLOS CONTRA O PAI, IMPEDINDO TODA RELACIÓN FAMILIAR
1º) Levo ano e medio cos dous fillos menores secuestrados e manipulados pola nai, quen utilizou para eso todo tipo de artimañas (chegando ata a presentar denuncias falsas contra mín e ata contra a propia xuiza, para frear a actuación xudicial), e que despois de tan longo período de impedimento abusivo das relacións cos meus fillos (combinado cunha actuación da súa defensa xurídica que ven de ser calificada de “mala fe procesal” en vía xudicial, e que encheu os Xulgados de escritos con acusacións e problemas inventados, e impugnacións e recursos de todo tipo para confundir e obstruír así a labor da Xustiza, provocando sumarios mosntruosos e inmanexables, onde se acumulan miles de folios), vinme o pasado martes día 13 tan indefenso xuridicamente (despois de que ningunha das resolucións adoptadas en vía xudicial para cortar con calquera dos moitos abusos da nai tivera ninguna eficacia práctica), e tan desesperado, que tomei a decisión de apelar á opinión pública e facer unha folga de fame no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción de Chantada ata conseguir Xustiza.

2º) O pasado mércores día 14 obtiven por fin unha resolución xudicial que demostra que a Sra. Pérez García actua abertamente fora e contra a legalidade, reiterando o requerimento á nai de que leve os fillos ó Punto de Encontro de Lugo e facilite a comunicación e as visitas establecidas a favor do pai, e advirtindo das consecuencias que en caso contrario pode haber en canto á esixencia de responsabilidade penal e modificación do réxime de garda e visitas.

3º) Os abusos do réxime de visitas e comunicacións consistentes en que as resolucións xudiciais quedaran ó arbitrio da nai veñense dando desde o mesmo día no que esta inicia a custodia, o 1 de agosto de 2000, no que despois de personarse no meu domicilio con prepotencia, decidindo unilateralmente o día e a hora de levarse ós fillos, e amenazando con chamar á policia se non aceptaba a súa imposición, deixou patente o seu propósito de manter a incomunicación destes co pai ata despois de iniciado o curso, tal como foi denunciado por mín nese mesmo día no Xulgado de Chantada.

A miña denuncia non foi atendida naquel momento, argumentando que non se podía facer nada antes de que se concretara a actuación denunciada, e así pasaron bruscamente 54 días seguidos sen que eu poidera ver os meus fillos, contra todas as normas e principios que aconsellan evitar cambios bruscos nas relacións dos fillos con ambos proxenitores.


 
Estupefacción