Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

A impresión desesperante que a mín como xusticiable me producen todas estas actuacións xudiciais das que me considero víctima é a de que unha vez cometido o erro neglixente inicial, todas as demaís actuacións xudiciais creo que van condicionadas ou limitadas polo actitude de negar pola via de feito tal neglixencia, xa que a pesar de ter feito reiteradamente tal alegación, e de que a súa consideración e proba sería necesaria para corrixir os seus efectos, nunca ata o de agora obtiven en ningunha instancia xudicial unha resposta expresa ó respecto, senón que as contestacións eludiron sempre tocar este tema e reducironse a argumentos meramente procesais. E dito o anterior sen o máis mínimo ánimo de faltarlle o debido respeto a ninguén, teño que dicir tamén que a ninguén lle satisfaria máis que a mín poder comprobar que esa impresión desesperante miña non responde á realidade, e que se sigo insistindo nesta crítica e porque o problema causado sigue sen resolver, e porque a pesar de todo tamén espero que antes ou despois se acabe corrixindo e facendo xustiza.