Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

B) ASFIXIA ECONÓMICA MIÑA E DESCOÑECEMENTO TOTAL DOS DEREITOS ALIMENTICIOS DA MIÑA NAI E DA MIÑA OUTRA FILLA, DERIVADOS DUNHA INICIAL NEGLIXENCIA XUDICIAL NUNCA RECOÑECIDA NIN ABORDADA.

Por outra parte, como expresaba ante a xuiza de Chantada durante a miña folga de fame nos apartados 2º e 3º do escrito de reclamación do que acompaño copia, a miña situación económica familiar está agravada ata extremos de verdadeira asfixia, que me obrigan a recurrir continuamente á solicitude de préstamos a familiares, a amigos e a banca para poder satisfacer as necesidades máis básicas. E o exercicio lexítimo do dereito de conciliación da vida familiar e laboral, con reducción de xornada nun tercio para o cuidado da miña nai enferma e de 92 anos de idade está sendo na práctica negado e impedido, sen que ata agora teña sido examinado e resolto en vía xudicial. Tendoselle asimesmo negado en primeira instancia a personación á miña nai e á miña filla, a pesares da evidencia innegable de que a actual execución está negando e impedindo os seus alimentos. E permanencendo tamén aínda sen resolver e serlle formalmente notificado, despois de varios meses (e, polo tanto, sen abrirlle ó paso á apelación) o recurso de reposición contra este impedimento da personación da miña filla e da miña nai.

A miña situación económica é esperpéntica, xa que ademaís de non poder vivir do meu traballo mesmo teño que pedir cartos para seguir traballando, porque o salario líquido que me queda, despois da retención de 781 euros para a nai, é simplemente de 537 euros, que non da nin para cubrir os custos de desprazamento ata o traballo –90 km, ida e volta- e o custo da persoa que atende á miña nai durante o tempo que eu estou traballando. Esto é, que estou peor economicamente traballando que se estivera no paro e sen prestación algunha.

E partindo esta insostible situación económica dunha desproporcionada retención que ten a súa orixe nunha desmostrable neglixencia xudicial da xuiza de primeira instancia (da que queda constancia, polo seu informe nas dilixencias informativas 14/2001, que nin tan siquera leeu a demanda e a contestación nin examinou as probas, xa que afirmaba equivocadamente que eu non dixera nada de que tiña outra filla e unha nai enferma e moi maior ás que lles prestaba alimentos, a pesar de que esto quedaba demostrado documentalmente, constando entre outros nos folios 575 a 728, 783, 108 a 135 e 1220 a 1229 do procedemento de menor contía 135/1999), o que resulta tan desesperante e inxusto como a inicial neglixencia xudicial é que unha vez que esta neglixencia se critica e pon de manifesto, non só non se produce efecto algún de corrección xudicial, senón que mesmo se trata de xustificar con pretextos formais, de carácter meramente procesual, coas que durante un ano no Xulgado de Primeira Instancia de Chantada se nega a variación da pensión alimenticia en vía de execución e tampouco se admite a solicitude de modificación do réxime da guarda e visitas por reiterados incumprimentos do réxime de visitas (aducindo que ningunha das duas cousas é posible ata que a sentencia sexa firme), que na Audiencia Provincial de Lugo, en apelación e recurso para a corrección de erros, non se admite –pola vía de feito, sen contestar expresamente- a práctica da proba proposta do erro xudicial derivado da referida neglixencia (práctica esta que podía facerse facilmente coa simple solicitude o TSXG de copia do informe da xulgadora), e que continua no presente ano coa declaración polo Xulgado de Primeira Instancia de Chantada (a última hora, despois de dous meses de tramitación) da nulidade do procedemento de solicitude de modificación de medidas nº 7/2002
(cando xa estaba convocada a comparecencia e admitida nela a personación da miña nai e da miña filla como persoas interesadas non demandantes nin demandadas),
e coa inadmisión das medidas cautrelares previas solicitadas en procedimento nº 123/2002, contra as que se denega tamén a admisión da apelación ante a Audiencia Provincial, obrigando a plantexar contra esta denegación un recurso de queixa que está pendente de resolución.