Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

Nesta situación o Xuiza desiste repentinamente da postura da execución forzosa e arbitra visitas no Punto de Encontro de Lugo, despois dun ofrecemento deste servicio social que eu non lle pedín, e que sospeito que foi buscado indirectamente pola nai (que tamén traballa nos servicios sociais de Lugo) como un pretexto para gañar tempo e maniobrar coa manipulación dos fillos (especialmente do maior, que está pasando pola adolescencia) nun terreo que lle resulta familiar polo seu traballo, para seguir incumprindo impunemente co réximwe de visitas e vacacións.

Transcorrido mes e medio de comunicacións no Punto de Encontro de Lugo, a razón de duas de 90 minutos por semana, nas que o fillo adolescente viña a buscar e reafirmar os pretextos alegados pola nai para suprimir as visitas e vacacións, mentras a nai se dedicaba a encher o Xulgado de escritos calumniosos sobre a celebración das ditas comunicacións, cos que boicoteaba calquera posible solución, a nai decide arrogante e unilateralmente suspender as visitas dos sábados, e ante a miña negativa a aceptar esa imposición acaba deixando de levar os fillos ó Punto de Encontro, de forma que fai xa máis de dez meses que estes non teñen contacto algún conmigo, con total menosprecio da figura paterna, desprecio que se extende tamén ás relacións coa outra filla miña (á quen tampouco lle contestan as cartas nin as chamadas telefónicas) e coa avoa paterna.

O resultado de todo esto é a total ruptura de relacións familiares dos fillos co pai e co resto da familia paterna, así como cos amigos que son do circulo social compartido polo pai.
 
Dia del Padre...sin hijos
Manifestación AS. Gallega