Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

Coa mesma actitude da Sra. Pérez, que non fixo máis que agravarse co paso do tempo, envalentonada pola falta práctica de control xudicial, a nai cometeu tamén abusos na disposición dos días festivos, que motivaron requerimento de comparecencia xudicial celebrado o día 09/10/00, no que se concretou o reparto.

Foi asimesmo requerida para que non impedira as comunicacións telefónicas, pero tal requerimento careceu de eficacia, porque nunca se adoptaron medidas efectivas para correxi-lo, e xa desde os primeiros días a nai utilizou ós fillos como pretexto para os incumprimentos das incomunicacións.

En marzo do 2001 agrava drásticamente a interferencia nas relacións entre os fillos e o pai, interrompendo unilateralmente as visitas e vacacións, para desculpar o cal presenta unha denuncia falsa contra mín por presuntos malos tratos contra os fillos, despois de instrumentar a estes facendoos comparecer ante a Fiscalía e de desoír a advertencia do Fiscal nesta mesma comparecencia sobre a obrigatoriedade de cumprir coas resolucións xudiciais.

A denuncia daría lugar á suspensión cautelar das visitas, acordada o 07/04/01 (co meu consentimento forzado pola necesidade de demostrar previamente a falsedade das imputacións da nai).

A denuncia falsa da nai contra mín provocou unhas dilixencias previas (procedimento abreviado 220/2001), que me obrigaron a comparecer como imputado o día 20/04/01, e que tras da dita comparecencia foron arquivadas inmediatamente por ausencia do máís mínimo indicio dos presuntos malos tratos maliciosamente alegados pola nai.

Simultáneamente, o 13/03/01 era condenado no mesmo Xulgado de Chantada, por amenazas de morte contra mín, unha persoa do entorno da nai e coa que eu non tiña trato algún (o compañeiro sentimental da irmá viuda da nai dos meus dous fillos pequenos).

Á casa desta persoa, en Santiago, mandaba a nai os dous fillos os venres no autobús, recollendoos de volta o domingo.

Aclarada a falsedade das imputacións da nai, que tamén o foron mediante informe do Forense do 07/04/01 (que non detectou rastro algún dos malos tratos denunciados e si detectou en cambio indicios de manipulación dos fillos pola nai) e informe pericial psicolóxico, foi levantada a suspensión do réxime de visitas e vacacións. Pero a pesar de eso, a nai seguíu incumprindo, escudándose en que eran os fillos (de 9 e 13 anos) os que non querían ir.

Incumpríu así as visitas de fin de semana, sin que serviran de nada as resolucións xudiciais, e, chegadas as vacacións, incumpríu tamén os reiterados requerimentos do Xulgado para que fixera entrega dos fillos, chegando a presentar denuncia falsa contra a Xuiza de Chantada para paralizar o procedemento e conseguir que pasara o mes de agosto sen que se puidera proceder á execución forzosa.


 
Monumento al PADRE en A Coruña
Monumento al Padre en A Coruña