Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

MEMORIA-RESUME DOS PROBLEMAS FAMILIARES ...

QUE A PESAR DE TER SIDO REITERADAMENTE PLANTEXADOS EN VÍA XUDICIAL CONTINUAN IRRESOLTOS E AGRAVÁNDOSE CO PASO DO TEMPO.

Publicado el

C) PARA QUE SIRVA DE EXPLICACIÓN CON MAIOR AMPLITUDE DO EXPOSTO NOS APARTADOS PRECEDENTES ACOMPÁÑASE COPIA DA REFERIDA DEMANDA DE MEDIDAS CAUTELARES PRESENTADA FAI XA MÁIS DE CATRO MESES.

D) Para finalizar, dicir que tanto da miña experiencia persoal como da adquirida nas actividades comúns a través da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, teño o pleno convencimento de que os problemas que eu plantexo coinciden en boa parte cos problemas de moitos proxenitores que se ven inxustamente apartados dos seus fillos e ó mesmo tempo descalificados e explotados economicamente, así como os de moitos fillos que se ven manipulados e instrumentalizados por proxenitores sen escrúpulos, que actúan envalentonados polo convencimento de que teñen moitas probabilidades de abusar impunemente das prerrogativas da guarda e custodia.

Creo que a relevancia social do problema está necesitando urxentemente que o poder xudicial e o resto dos poderes públicos defendan eficazmente ás victimas e acaben coa sensación de impunidade que alimenta e favorece os tan frecuentes abusos. E ademáis de favorecer realmente a mediación familiar como vía prioritaria para resolver estos conflictos, a min ocúrreseme que cecais sexa hora de que á ruptura maliciosa das relacións familiares se lle aplique as mesmas medidas que se defenden hoxe para outros casos de violencia familiar que tampouco tiñan unha resposta xudicial suficiente fai uns anos, pero contra os que hoxe parece chegado ó ánimo dos poderes públicos a necesidade inaprazable de actuar eficazmente.

Pola miña parte quedo á enteira disposición do poder xudicial para atender con toda a dilixencia que me resulte posible calquera suxerencia que se me poida facer, incluidas naturalmente as de corrección de posibles erros propios, para contribuír á resolución dos problemas plantexados.

Lugo, a 4 de setembro de 2002