Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Problemas informáticos

Mudando de Noiva 6.0 a Esposa 1.0
O ano pasado un amigo meu, administrador de sistemas coma min, mudou a aplicación NOIVA 6.0 por ESPOSA 1.0 e atopouse, para o seu disgusto, con que a actualización deixaba moito que desexar.

Publicado el

Un botón "esquécete de min" e outro para minimizar. Incorporación dunha opción que permita que ESPOSA 2.0 poida ser instalada coa opción "Desinstalar en calquera momento", sin a perda da caché e outros recursos valiosos do sistema. Una opción para correr o controlador de rede en modo "promiscuo", que permita ó administrador do sistema probar en versión shareware outras aplicacións da competencia, para ter un maior coñecemento do mercado. Eu, pola miña banda, decidín evitar tódalas dores de cabeza asociadas a ESPOSA 1.0, continuando con NOIVA 2.0. Incluso así, atopei numerosos atrancos. Non podes instalar NOIVA 2.0 sobre NOIVA 1.0; debes desinstalar NOIVA 1.0 primeiro. Ademáis, aparentemente, as versións de NOIVA teñen conflictos para comparti-lo uso das portas de Entrada/Saída. No servicio de soporte técnico comentan que se trata dun bug ben coñecido e que están buscando un xeito de remedia-lo, pero é moi complicado porque se atopa implementado no Kernel (corazón) da aplicación e non consideran aconsellable modificar éste.

Para empeorar as cousas, o programa para desinstalar NOIVA 1.0 non funciona moi ben, deixando trazas indesexables da aplicación no sistema.

Outro problema: tódalas versións de NOIVA lanzan continuamente molestas mensaxes acerca das avantaxas de migrar a ESPOSA 1.0. Consultado de novo, o servicio de soporte suxire ignorar tales mensaxes.
Cando lles indico que para esa solución non me facía falla chamalos, volven sobre a explicación ó anterior problema (bug no Kernel).