Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Los Puntos de Encuentro en Galicia

Gestionados por Entidades Colaboradoras

Publicado el

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ten creada unha Rede Galega de Puntos de Encontro.

Os puntos de encontro son lugares donde os pais e fillos que non conviven xuntos, poden levar a cabo as visitas nun ambiente neutral, relaxado e confidencial, baixo a supervisión de persoal especializado.

A través deste programa trátase de ofrecer ás familias un lugar neutral no que, co apoio de profesionais, se consiga facilita-la relación paterno-filial e garanti-la seguridade e o benestar dos menores implicados en situacións conflictivas.

Os casos que atenden os puntos de encontro son:
* Rexímenes de visitas conflictivos que demandan a existencia dun espacio neutral coa presencia dunha terceira persoa.
* Contactos coa familia biolóxica ou adoptiva nos casos dos menores que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar, cando así o determinen os técnicos.
* Rexímenes de visitas nos que resulte necesario oculta-lo lugar de residencia dos ex –integrantes da parella, por terse producido malos tratos.

Están xestionados por entidades colaboradoras da administración autonómica, debidamente inscritas no Rexistro da Consellería de Familia e Promoción do Emprego Muller e Xuventude como entidades privadas sen ánimo de lucro, que garanten, en todo caso, a utilización pública do servicio.

Teñen carácter multidisciplinar e están integrados como mínimo por dous expertos en intervención psicofamiliar, dereito de familia e mediación familiar.

A rede Galega esta composta por sete puntos de encontro situados nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol Santiago e Vigo.

Para a utilización destes recursos poden poñerse en contacto cos gabinetes de orientación familiar das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou ben chamar directamente ós puntos de encontro.

CORUÑA
Centro Fonseca. Tf. 981216097

LUGO
Asociación Acheganza. Tf. 982229861

OURENSE
Asociación Punto Cero. Tf. 988238946

PONTEVEDRA
Asociación Aloumiño. Tf. 986861999

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Asociación Encontro. Tf. 981577595

FERROL
Asociación A Carón. Tf. 981369217

VIGO
Asociación Aloumiño. Tf. 986861999


GABINETES DE ORIENTACIÓN FAMILIAR

DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Avda. do Exército 2-1º
15006 A Coruña
Tf.: 981185709

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27003 Lugo
Tf.: 982294371

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Saenz Díez, 33
32003 Ourense
Tf. 988386128

DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Concepción Arenal 8, primeira planta
36201 Vigo
Tf. 986 817085