Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Todavía hay directores de colegio que no entregan las notas de los niños a los padres no custodios. Están obligados.

El Ministerio de Educación español y la Consellería de Educación de Galicia se lo han aclarado hace tiempo

Publicado el

CONSELLERíA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNlVERSlTARlA

Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

Edificio Administrativo San Caetano - SANTlAGO

CIRCULAR Nº 1/1997 DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E INSPECCIÓN EDUCATIVA SOBRE INFORMACIÓN ÓS PAIS SEPARADOS OU DIVORCIADOS DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN DOS SEUS FILLOS

A información ás familias sobre os resultados da avaliación do rendimento dos seus fillos é unha obriga dos Centros, tal como queda recollido na Lei Organica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, disposicións desta Comunidade Autónoma sobre avaliación, aspectos curriculares e implantación dos distintos niveis do ensino e outras de pertinente aplicación.

En tódalas dicposicións referidas a avaliación está previsto que dita información se dirixe ó pai e a nai (ou de se-lo caso, ós titores legais) como unidade familiar, sen facer referencia a outro tipo de situacións. A citada obriga lévanos a unha casuistica diversa en situacións de separación xudicial ou divorcio, cando o cónxuge que non ostenta a custodia legal dos seus fillos desexa ter información dos resultados eccolares destes. Se ben a regulamentación dos dereitos derivados destas situacións familiares, ou outras, non é competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta pode dictar normativa ós centros de ensino, en uso da sua capacidade organizativa, co fin de dar resposta a unha demanda social.

Consonte co anterior, díctase a seguinte

CIRCULAR:

1.- O pai ou a nai separados ou divorciados que non teñan asignadas a garda ou custodia legal dos seus fillos e desexen obter información sobre os resultados da avaliación destes deberán solicitala ó centro educativo no que os seus fillos estean escolarizados, a través de ecsrito dirixido ó Director, achegando copia fidedigna da sentencia xudicial de divorcio, separación ou nulidade .

2.- Se o dictame da sentencia tivese unha declaración expresa sobre o particular, os centros ateranse ó disposto nela.

3.- Se o dictame da sentencia non tivese declaración expresa sobre o particular, o centro emitirá a información sobre o rendimento escolar do seu fillo ó proxenitor que non ten encomendada a custodia do alumno, sempre que non fose privado ou excluido da patria Dotestade. Os centros non proporcionarán a información ó cónyuge privado ou excluido da patria potestade, agás que por orde xudicial se indique o contrario.

4.- No suposto de que un centro reciba unha solicitude para facilitar información directa ó proxenitor que non teña a custodia ou garda legal, nos termos e circunstancias contemplados nos puntos anteriores, comunicará ó pai ou nai que a teña, a pretensión do solicitante e concederalle un prazo máximo de dez (10) días para que poida formula-las alegacións que estime oportunas. Indicarácelle que pode ter coñecemento da copia da sentencia aportada polo outro proxenitor para contrastar si é a última dictada.