Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

O COVID-19 e os intercambios de convivencia de nenos e nenas de pais e nais separados

Asociación Galega de Pais e Nais Separados

 

Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES)

Rúa Manuel María, 6 - 15705 Santiago de Compostela

Tlfs: 664782590, 619707286

agpns.info@gmail.com

 

Debido á pandemia internacional e ás medidas tomadas para a súa xestión, están a aparecer moitos problemas á hora da relacionarse nenas e nenos co seu pai e a súa nai. O peche dos colexios ou dos puntos de encontro, xunto co estado de alarma sanitaria e a mala fe dalgunhas persoas, están a dificultar o dereito dos menores a relacionarse con algún dos seus proxenitores. As desculpas que algún deles están poñendo son:

 

1º Como a entrega e recollida se realizaba no colexio ou nos puntos de encontro agora iso non é posible.

2º Como se limita a liberdade de circulación de persoas non é posible o intercambio.

3º Polo ben da saúde da nena ou do neno e doutras persoas mellor que non se mova da casa.

 

       Hai que sinalar que este tipo de comportamentos son abusivos e mesmo contrarios a dereito, polo que cómpre actuar en consecuencia e non renunciar ás nosas obrigas como nais e pais.

 

       Polo tanto, con sentido común e boa fe, mirar polo verdadeiro interese dos nosos fillos e fillas debe primar por riba doutros intereses alleos.

      

En primeiro lugar indicar que as sentenzas ou os convenios están para respectarse e non deben obviarse sen máis e, en todo caso, chegar a acordos é fundamental para cada caso concreto. Existe a obriga de aterse á boa fe, ao uso e á lei para manter o principio de tutela efectiva  Ningún proxenitor debe pensar que o incumprimento do réxime de convivencia nas actuais circunstancias pode impedir actuacións legais contra el.

 

       En segundo lugar, e relacionado co primeiro punto, indicar que o peche de colexios, puntos de encontro ou calquera outro sitio onde deban realizarse os intercambios non debe impedir o intercambio, podendo ser substituído por outros lugares como os propios domicilios, a comisaría, porta do xulgado de garda, posto da garda civil, un centro comercial aberto ao público,...

 

         En terceiro lugar, e referente ao Real Decreto 463/2020 modificado polo Real Decreto 465/2020 de 17 de marzo, hai que subliñar que aínda que se limita a liberdade de circulación das persoas, establécense unha serie de excepcións:

 

Artigo 7. Limitación á liberdade de circulación.

1. Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías o espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por otra causa xustificada:

a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros sanitarios.
c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade persoas especialmente vulnerables.

 

h) Calquera outra actividade de análoga natureza.

 

Publicado el

 

2. Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo.

 

         Polo tanto, non é certo que non se poida levar a cabo a convivencia cos fillos e fillas. En todo caso, dúas cuestións: sendo esta unha norma que limita dereitos, sempre debe ser interpretada do xeito menos restritivo para o exercicio dos dereitos civís; por outra banda, nun comunicado de prensa á axencia EFE, Protección Civil de Catalunya especifica que si se poden producir estes traslados para recoller ou entregar a fillos e fillas.

 

       De producirse ese intento de impedir a relación e convivencia, hai que advertilo dun xeito seguro (mensaxe por teléfono, burofax,...) nunha mensaxe onde se explique claramente que non é de aplicación a limitación de circulación nestes casos. No suposto de que non haxa unha contestación rápida, é necesario contactar cunha persoa avogada para presentar os escritos correspondentes. Se o xulgado tardara en resolver,  en canto se volva á normalidade habería que solicitar o recuperar os días perdidos e estudar a posibilidade doutro tipo de medidas.

                  

         E por último, para o terceiro punto, só queda apelar á dignidade e humanidade das persoas. Sobra dicir que, ante unha situación deste tipo, utilizar unha situación excepcional para sacar un proveito alleo ao do fillo ou filla queda fóra de calquera actitude honesta e respectuosa cos dereitos humanos básicos. O diálogo e a comprensión fanse obrigatorios e a unilateralidade debera non estar presente.

 

         Na presente situación, as familias, con proxenitores separados ou non, deben utilizar o diálogo e a cooperación para atender o mellor posible ás necesidades dos menores valorando as circunstancias que se dean en cada grupo familiar.

 

         Ás consultas ás persoas mediadoras, coordinadoras de parentalidade, institucións sanitarias, etc., serán agora aínda máis útiles.