Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Custodia compartida e separación de bens

Opinión

Xoán Antón Pérez Lema

Xoán Antón Pérez Lema

Avogado e analista político.
 
 
 
 
Galicia, por tradición histórica e por expresa atribución estatutaria, desfruta de competencias exclusivas no ámbito do Dereito Civil propio.
 
"Unha persoa madrileña cun único fillo só pode dispor libremente dun terzo dos seus bens. Sendo galega podería dispór libremente dos tres cuartos".
 

Publicado el

Na historia da autonomía xa se promulgaron dúas regulacións xerais, contidas en cadansúas leis do 1995 e 2006. Deste xeito, os galegos podemos dispor en vida dos nosos bens a medio dos pactos de mellora ou apartación, outorgar testamento mancomunado (os dous cónxuxes xuntos) ou desfrutar da facultade de dispor libremente do 75% dos nosos bens. Mentres, o Dereito civil común, que rexe no resto do Estado agás Catalunya, Illes Balears, Valencia, Aragón, Navarra e Euskadi non soubo adaptarse ás novas necesidades e circunstancias da vida moderna. Por exemplo, unha persoa madrileña cun único fillo só pode dispor libremente dun terzo dos seus bens. Sendo galega podería dispór libremente dos tres cuartos.

Urxe introducir na nosa Lei galega a cuestiodia compartida como réxime xeral de atribución da garda dos menores nos supostos de separacións dos seus pais, como xa fixeron en Aragón. Poderá haber centos de excepcións, mais semella que na Galicia ac tual os homes non estamos menos preparados ca as mulleres para enfrontar as nosas responsabilidades paterno-filiais. Cumpriría, pois, que o xuiz decretase sempre este xeito de partillarmos a custodia por defecto, optando só pola custodia exclusiva cando houbese unha situación que o aconsellase.

"É moi útil desfrutar dunha lei galega,de áxil adaptabilidade, para resolvermos os problemas cotiáns da convivencia. O autogoberno interesa".

No que atinxe ao réxime económico do matrimonios e parellas de feito (en Galicia equiparadas en dereitos) compre afastarmos do réxime de gañanciais que rexe por defecto, adoptando a separación de bens que rexe na Catalunya. Nunha sociedade que tende á igualdade e á plena integración laboral das mulleres, semella inconveniente que se produza esa total confusión patrimonial do réxime de gañanciais, cos seus problemas adicionais de liquidación. A lei podería determinar que se tiver en conta a maior dedicación ás tarefas comúns ou de coidado dos fillos, para equilibrar algunhas situacións. Polo demáis, cada un dono do seu e contribuíndo ao común.

É moi útil desfrutar dunha lei galega,de áxil adaptabilidade, para resolvermos os problemas cotiáns da convivencia. O autogoberno interesa.