Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Proposta debate Custodia Compartida no BNG

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As rupturas da convivencia familiar creceron notablemente na última década, 

sendo un dos asuntos máis delicados a resolver o da garda e custodia dos fillos e fillas 

comúns.

A aplicación da lei actual supón o outorgamento da custodia individual de xeito 

xeneralizado á muller. Ante os cambios sociais de equiparación de papeis ante o 

coidado dos nenos e nenas outros países e comunidades adaptan as súas leis a unha 

realidade cambiante atendendo tamén a dous dereitos básicos:

- Os Dereitos do Neno e da Nena polos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas 

obriga aos estados a respectar o dereito do neno e da nena a manter relacións 

persoais e contacto directo con nai e pai de xeito regular.

- O Dereito – deber dos pais de crianza e educación

Nunha sociedade en evolución e centrándonos no interese fundamental do neno 

e da nena hai que garantir que pai e nai poidan seguir séndoo nun contacto continuo, 

única maneira de asegurar ese coidado e educación. Hai que asegurar que pais e nais 

cunha aptitude e unha vontade clara de levar a cabo o papel que lles corresponde, 

poidan achegar ao seu fillo e filla uns coidados e unha educación insubstituíbles. O 

excepcional ten que converterse no habitual e superar a concepción tradicional onde 

se identifica o coidado das nenas e nenos coa muller.

Quedarse á marxe e aceptar como bo o existente supón darlle as costas a un 

problema social que require de medidas concretas, de solucións.

Máis aló aínda, as lexislacións actuais tratan tamén de fomentar, de promover a 

corresponsabilidade favorecendo a igualdade real tratando de que nun futuro non 

afastado a normalización da custodia compartida sexa un feito. Así o entenden en 

Catalunya, Valencia ou Aragón se atendemos á realidade máis próxima. Nós non 

podemos renunciar a posuír, tamén neste tema, unha lexislación propia ao contar cun 

Dereito Civil propio.

Con todo, tamén ten que haber unha serie de cautelas que garantan o ben do 

menor. Considérase como fundamental contar con mecanismos útiles de resolución de 

problemas nas relacións familiares: a mediación ten que ser un servizo público a 

utilizar mesmo antes da propia separación como se fai xa na área de Santiago.

Publicado el

-- “Introdúcese como norma que a nulidade, o divorcio ou a separación non 

alteran as responsabilidades dos proxenitores sobre os fillos. En consecuencia, 

estas responsabilidades manteñen, despois da ruptura, o carácter compartido e 

corresponde á autoridade xudicial determinar, se non existe acordo sobre o plan 

de parentalidade ou se este non se aprobou, como deben exercerse as 

responsabilidades parentais e, en particular, a garda do menor, aténdose ao 

carácter conxunto destas e ao interese do menor.” 

Lugo, a 29 de novembro de 2013

 Asdo polos membros do grupo de traballo de custodia compartida do BNG Francisco 

Torrente Hortas e Lois Manoel Toirán Vázquez.

(membros da Xunta Directiva da Asociación Galega de Pais e Nais Separados)