Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Proposta debate Custodia Compartida no BNG

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As rupturas da convivencia familiar creceron notablemente na última década, 

sendo un dos asuntos máis delicados a resolver o da garda e custodia dos fillos e fillas 

comúns.

A aplicación da lei actual supón o outorgamento da custodia individual de xeito 

xeneralizado á muller. Ante os cambios sociais de equiparación de papeis ante o 

coidado dos nenos e nenas outros países e comunidades adaptan as súas leis a unha 

realidade cambiante atendendo tamén a dous dereitos básicos:

- Os Dereitos do Neno e da Nena polos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas 

obriga aos estados a respectar o dereito do neno e da nena a manter relacións 

persoais e contacto directo con nai e pai de xeito regular.

- O Dereito – deber dos pais de crianza e educación

Nunha sociedade en evolución e centrándonos no interese fundamental do neno 

e da nena hai que garantir que pai e nai poidan seguir séndoo nun contacto continuo, 

única maneira de asegurar ese coidado e educación. Hai que asegurar que pais e nais 

cunha aptitude e unha vontade clara de levar a cabo o papel que lles corresponde, 

poidan achegar ao seu fillo e filla uns coidados e unha educación insubstituíbles. O 

excepcional ten que converterse no habitual e superar a concepción tradicional onde 

se identifica o coidado das nenas e nenos coa muller.

Quedarse á marxe e aceptar como bo o existente supón darlle as costas a un 

problema social que require de medidas concretas, de solucións.

Máis aló aínda, as lexislacións actuais tratan tamén de fomentar, de promover a 

corresponsabilidade favorecendo a igualdade real tratando de que nun futuro non 

afastado a normalización da custodia compartida sexa un feito. Así o entenden en 

Catalunya, Valencia ou Aragón se atendemos á realidade máis próxima. Nós non 

podemos renunciar a posuír, tamén neste tema, unha lexislación propia ao contar cun 

Dereito Civil propio.

Con todo, tamén ten que haber unha serie de cautelas que garantan o ben do 

menor. Considérase como fundamental contar con mecanismos útiles de resolución de 

problemas nas relacións familiares: a mediación ten que ser un servizo público a 

utilizar mesmo antes da propia separación como se fai xa na área de Santiago.

Publicado el

PROPOSTA DE POSICIÓNS DE PARTIDA PARA O ESTUDO E DEBATE POLO 

BNG DO TEMA DA CUSTODIA COMPARTIDA OU DA COPARENTALIDADE

 O tema da regulación da custodia compartida está actualmente pendente de 

tramitación parlamentaria no Congreso dos Deputados, existindo un dobre 

pronunciamento político do BNG nesta institución, realizado primeiramente a través 

da proposta de emenda de substitución do 18-06-12, pola que se propuxo instar ao 

Goberno a que: 

- “Presente, nun prazo de seis meses, no Congreso dos Deputados, un proxecto 

de lei de modificación do artigo 92 do Código Civil, que regula as obrigacións 

dos pais cos seus fillos en caso de separación e divorcio, co obxectivo de 

profundar no fomento da custodia compartida dos menores, atendendo ao 

interese superior dos fillos e a igualdade dos proxenitores, sobre a base do 

impulso da conciliación e da corresponsabilidade parental”.

 E a continuación a través do apoio á emenda transaccional coa aprobación da que 

concluíu o correspondente debate, e pola que:

 - “O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a que no prazo máximo de seis 

meses, e sen prexuízo das especialidades correspondentes nas Comunidades nas 

que exista un Dereito Civil Foral propio, desenvolva a regulación legal que 

modifique o artigo 92 do Código Civil e cantos outros preceptos foran necesarios, 

para acadar a viabilidade da garda e custodia compartida nos supostos de 

ruptura da unidade familiar, impulsando a conciliación e atendendo ao interese 

superior do menor; debendo entenderse como un dereito do menor a relacionarse 

con ambos proxenitores, así como á inversa, a obriga que teñen estes de 

exercitar a corresponsabilidade parental.

 En coherencia cos dous pronunciamentos precedentes, e tomando como a 

referencia a normativa que pensamos que ten a priori máis posibilidades de ser 

consensuada no BNG para o desenvolvemento dos mesmos, que é a regulación catalá 

aprobada en xullo de 2010, a proposta e cos votos no Parlamento Catalán do tripartito 

de esquerdas, proponse que se adopten neste grupo de traballo de partida as dúas 

seguintes posicións básicas:

-- Nos casos de separación ou divorcio “toda proposta dos proxenitores sobre a 

responsabilidade en relación cos fillos debe incorporarse ao proceso xudicial en 

forma de plan de parentalidade, que é un instrumento para concretar a forma na 

que ambos proxenitores pensan exercer as responsabilidades parentais, no que se 

detallan os compromisos que asumen respecto á garda, ao coidado e á educación 

dos fillos. Sin impoñer unha modalidade concreta de organización alenta aos 

proxenitores, tanto se o proceso é de mutuo acordo como se é contencioso, a organizar por si mesmos e responsablemente o coidado dos fillos en ocasión da 

ruptura”