Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Intervención de D. Carlos Varela ante el Parlamento

Mediación intraxudicial como medio alternativo de resolución de conflitos.

 

Desde que fora creado, en marzo de 2009, o servizo de mediación intraxudicial de Santiago veu atendendo a un total de 1000 usuarios directamente implicados en procesos de familia, calculando unha media de 4 persoas directamente afectadas en cada proceso.

Durante 2011 o total de asuntos tramitados por este servizo de mediación foi de 107, cunha taxa de resolución do 89%. Os resultados das enquisas anónimas de satisfacción dos cidadáns participes no proceso seguen a ser moi boas, ata o punto de que un 96% opina que a mediación é beneficiosa aínda que non se acadaran acordos.

Aínda que as estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial corroboran  que os resultados están entre os mellores do estado español (os primeiros en numero de acordos no 2010 e os segundos no 2011) os resultados son lixeiramente inferiores aos acadados no ano precedente.

Este descenso na porcentaxe de acordos está sen dúbida motivado polo espectacular incremento no numero de asuntos derivados e, por ende, tramitados polo equipo se ben cos mesmos medios materiais, persoais e o mesmo numero de horas conveniadas.

A limitación do horario do equipo (dous días por semana e so en horario de mañá) está a ser motivo de queixa por parte dos usuarios do sistema, que se ben amosan a súa disposición a iniciar un proceso de mediación finalmente deciden non inicialo por no poder compaxinar as súas obrigas laborais e persoais co insuficiente horario que o equipo pode ofertar.

Resulta  rendible  investir en mediación,   porque :

a)  os  asuntos que  rematan con acordo  non acceden á segunda instancia contribuíndo  a  paliar  o colapso dos órganos de  apelación  e gastos como os inherentes ao beneficio da  xustiza gratuíta na segunda instancia .

  b)  os asuntos que rematan en mediación con acordo son froito dunha  elaboración conscente e  sosegada  polos protagonistas do conflito e por iso  evítanse  solicitudes de aclaración de  sentenza,  incidentes de execución de título xudicial, xuízos de faltas por incumprimentos da réxime de visitas, etc.

  c) os asuntos mediados  finalizados con acordo en mediación evitan outros gastos xudiciais inherentes á celebración da vista:  citacións ás testemuñas, gastos periciais con cargo á administración (Equipo Psicosocial adscrito ao I.M.E.LG.A , peritos taxadores, etc) envío de oficios,etc.

  d) frecuentemente os acordos de mediación levan aparellados acordos noutros aspectos relacionados con diversos procesos en trámite,   porque as partes “aproveitan” a mediación para pactar solucións globais ao seu conflito, aínda  que excedan do obxecto do procedemento no que son derivados.   É corrente  que se engadan aos acordos cláusulas sobre atrasos de pensións que se tramitan en procesos de execución ou incluso penais  por non pagamento dos alimentos, ou modifiquen as medidas precedentes que xa non lles serven, ou incluso fagan liquidación total o parcial da sociedade de gananciais .

e) Finalmente,  os acordos de mediación tentan sempre contemplar o cambio das circunstancias nun futuro,  evitando múltiples procesos de modificación das medidas definitivas e supón un aforro de custos persoais e materiais para a administración de xustiza. Segundo a – presidenta da Asociación Madrileña de Mediacion- :”Cualquier juicio, por menor que sea, cuesta una media de 3 000 €, según la UE”.

Sobre este programa de mediación intraxudicial , iniciado no 2009 en Compostela e implementado posteriormente noutras cidades como Ourense e Vigo, cérnense un incerto futuro se non se garante suficientemente a súa financiación.

Unha financiación que mesmamente é adiantada polos Colexios de Avogados, que aínda poden permitirse esperar varios meses ata recibir os fondos públicos, pero que resulta absolutamente insoportable para o Colexio de Psicólogos.

Esta situación provoca o conseguinte retraso no pagamento do profesional deste Colexio, que integra o equipo de mediación, pondo en perigo a súa continuidade laboral.

De quedar interrompido este servizo lamentariamos a perda dun sistema alternativo de resolución de conflitos que obtén a nivel nacional resultados espectaculares e que a Unión Europea establece de necesaria aplicación en todos os países membros. 

 

Publicado el