Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Entrevista con Fiscal Jefe T.S.X.G

Membros da Asociación Galega de Pais e Nais separados veñen de entrevistarse con diferentes institucións e organismos galegos coa intención de levar a cabo un servizo de mediación familiar nos xulgados de Lugo.

                Logo de iniciar os contactos coas distintas consellerías da Xunta de Galiza vimos de falar co fiscal xefe de Lugo, Javier Rey que amosou a súa colaboración para levar a cabo un servizo de mediación ao igual que xa se está facendo en Ourense, Vigo e Santiago.

                Do mesmo xeito se manisfestou o fiscal xefe de Galicia, Carlos Varela nunha entrevista levada a cabo hoxe mesmo pola mañá. Indica que a mediación é fundamental para a resolución dos conflitos en casos de separacións. De feito foi Carlos Varela o que fomentou estes servizos en cidades como  a de Santiago en colaboración co Xulgado de familia que dirixe o xuíz Roberto Soto, onde o éxito na consecución de acordos e a demanda existente avala  a súa laboura. Nesa mesma entrevista o fiscal Carlos Varela manifestou a súa convicción de que a custodia compartida á que prefire chamar Patria Potestade Compartida , é a mellor alternativa cara o coidado dos nenos e nenas nunha separación, acorde co que noutras comunidades xa se está lexislando como é o caso de Aragón.

                O servizo de mediación familiar é un serivzo que consideramos fundamental xa que, acorde co sinalado por todos os especialistas en temas de familia que levan participando nas actividades organizadas por esta asociación, a resolución de conflitos no ámbito familiar non é un tema xudicial na inmensa mayoría dos casos, senón un tema de falta de habilidades sociais de xestión de conflitos. A consecución de acordos serven paralelamente para a prevención de conflitos a todos os niveis así como a resolución doutros.

Na actualidade só Lugo e A Coruña carecen deste servizo. No caso de Lugo a falta dun orzamento

Publicado el