Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Una Web permité realizar aportaciones al IV Plan de apoyo integral a las familias

Profesionais e cidadáns poderán facer as súas contribucións e seguir todo o proceso de elaboración do plan.

Miércoles, 20 de junio de 2007 XORNAL I Santiago.- A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, presentou esta mañá a nova páxina web de Igualdade a representantes do medio cento de entidades sociais que están colaborando na elaboración do IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

Publicado el

XORNAL I Santiago.- A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, presentou esta mañá a nova páxina web de Igualdade a representantes do medio cento de entidades sociais que están colaborando na elaboración do IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

A través da páxina
www.igualdadegaliza.org

Igualdade pretende establecer unha canle de comunicación permanente con todas estas entidades de xeito que poidan facer, a través da rede, as súas aportacións e consideracións sobre o IV Plan Integral de Apoio ás Familias que está a elaborar a secretaría xeral.

Nesta páxina web poderanse consultar os traballos desenvolvidos ata o momento nas diferentes mesas sectoriais establecidas así como toda a documentación elaborada por expertos acerca do plan. Ademais de servir de canle ás persoas involucradas na elaboración do plan, esta páxina web tamén está aberta ás aportacións da cidadanía en xeral.

Recursos de igualdade

A web contén información actualizada de todos os recursos para a igualdade, que se presentan estruturados en tres grandes grupos temáticos, a área de promoción da igualdade, a de tratamento da violencia de xénero e a área das familias. A cidadanía disporá de información sobre proxectos lexislativos en marcha, guías de utilidades, información sobre os centros dependentes da secretaría xeral de Igualdade así como sobre os distintos programas e recursos.

A páxina inclúe unha sección de novas que recolle toda a información sobre as convocatorias de axudas, cursos ou eventos que se produzan no eido da igualdade. Esta web poderá ser tamén consultada por persoas con dificultades visuais, ben a través de dispositivos de lectura en braille ou de navegadores de voz.