Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Xustiza

EL PROGRESO: Cartas al director.
Enviado por Francisco Torrente en fecha 25/02/2007 (Pancho é socio fundador da Asociación Galega de Pais e Nais Separados)
Á hora de valorar os servizos públicos, todas as enquisas coinciden en sinalar a mala impresión que a maioría dos cidadáns temos do funcionamento da Administración de Xustiza.

Publicado el

Se existira un control democrático efectivo do funcionamento desta administración, terían que estarse tomando medidas efectivas para rematar con esa situación (estano facendo en Francia, a raíz do escándalo de Outreau, e din que o órgano de control disciplinario dos xuíces —o consello superior da maxistratura— ten que romper co corporativismo xudicial, asegurando que os propios xuíces non sexan maioría no mesmo).

Se existiran posibilidades reais de reclamar contra os danos que producen as neglixencias, abusos e demais funcionamentos anormais dos tribunais de xustiza, serían numerosas as reclamacións civís e penais (como pasa, por exemplo, no eido sanitario).

Claro que existen tamén bos profesionais entre a xudicatura, pero asumindo as palabras da xuíza decana de Barcelona:

“La Justicia española aún ha de hacer la transición democrática”. Os danos producidos ata hoxe polos funcionamentos anormais da Administración de Xustiza son de moi difícil ou imposible resarcimento, porque non existen canles suficientemente garantistas que permitan esixir responsabilidades aos xuíces superando o corporativismo xudicial.

Enviado por Francisco Torrente en fecha 25/02/2007