Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

E os homes??*

Amaia Beranoagirre

(hika 171-172 zka. 2005ko azaroa abendua)

Nestes momentos cumpriría unha revisión seria e cientificamente contrastada de cómo se están a tomar os datos e cómo se fan os cuestionarios sobre o maltrato (pero por xente independente e na que os seus postos de traballo non dependan de que a violencia de xénero exista). Sanahuja foi a primeira en dicir que houbo un aumento de denuncias falsas; datos que se confirmaron cando se publicou que o trinta por cento das denuncias no País Vasco se desestiman

Publicado el

Unha porcentaxe das denuncias falsas ou infladas débese a que algúns avogados incitan as mulleres a pór denuncias de maltrato para facilitar a separación legal; en moitos xuízos vale todo con tal de gañar. Outra porcentaxe de mulleres está utilizando a facilidade actual para pór denuncias sen que ninguén o comprobe e arroupadas polo politicamente correcto, como instrumento de agresión e dominio das súas parellas: «se non funcionas como eu digo, denúnciote»; os homes fronte a isto non teñen ningunha defensa. Cando chega unha muller a unha institución dicindo que é maltratada, cóntase como tal, sen que se contraste a veracidade do que di (fronte á actual presión social, ninguén ousa probar a veracidade ou non do testemuño dunha muller que di sufrir maltrato).

Outro dos instrumentos que se toman como referencia do maltrato é o inquérito do Instituto da Muller, cando non se sostén a metodoloxía empregada, xa que só se pasou a mulleres. Cantas das preguntas de tal cuestionario non darían positivo en caso de pasala tamén a homes?

Exemplo dalgunhas preguntas:

1. Impídelle ver a súa familia ou ter relacións cos seus amigos? Os homes distáncianse máis das súas familias de orixe cás mulleres; estas arrastran cara as súas familias. En canto aos amigos, cantas mulleres se enfadan e montan a bronca cando as súas parellas veñen de estar cos amigos, en vez de facer elas o mesmo, isto é, cultivar a súa vida social?

2. Quítalle os cartos que vostede gaña ou non lle dá abondo para manterse? Cantas mulleres controlan todos os cartos que entran en casa, dándolles unha paga aos homes?

3. Fai oídos xordos ao que vostede lle di, non ten en conta a súa opinión, non escoita as súas peticións? Cantas mulleres non queren escoitar falar dos temas que aos seus homes lles interesan? Cantas toman decisións sobre toda a familia, mesmo a economía sen ter en conta a opinión das súas parellas? Cantas mulleres non saben nin lles importa o que as súas parellas queren, lles gusta??

13. Enfádase sen que saiba a razón? Que pregunten aos homes cantas veces se enfadan as súas parellas sen que saiba a razón.

14. Diante dos fillos di cousas para non deixala en bo lugar? Que pregunten aos homes cantas veces o fan as mulleres: «inútil, vago?». E nas separacións, son maioría as mulleres que, tendo a custodia, van alonxando os seus fillos e fillas dos pais, descalificándoos; son maioría os homes que son alonxados dos seus fillos e fillas polas súas ex no chamado síndrome de alineación parental.

Ben, todo o mundo poderiamos pasar as preguntas do cuestionario aos homes que coñecemos, pais, maridos, irmáns, amigos?; se se pasase ese cuestionario aos homes, podería dar como resultado que as mulleres tamén maltratan os homes. Ao meu entender creo que é un cuestionario que tipifica como maltrato condutas da vida cotiá que non o son (as relacións non son fáciles e non existen relacións sen conflito). Débese diferenciar o nivel de conflito existente en toda parella, do maltrato. Discusións fóra de ton? hainas en todas as relacións; hoxe en día todo é maltrato. Isto habería que revisalo e diferencialo.

Así como os homes teñen maior forza física para ben e para mal, creo que as mulleres temos máis recursos psíquicos e emocionais tamén para ben e para mal; próbano os fenómenos do mobbing laboral, no que a porcentaxe maior de verdugos para coas mulleres constitúeno as propias mulleres. E no bullying adolescente, no que os datos amosan como as agresións son tanto de rapaces como de rapazas; a diferenza é que os rapaces tenden máis ao ataque físico, e as rapazas ao psíquico (difamar, illar?). No mobbing laboral e no bullying, que son ataques psíquicos sobre todo, obsérvase que mulleres e homes non se diferencian na porcentaxe de ataques, a diferenza está en que uns usan a agresión física e as outras a psíquica.

Sabendo que as consecuencias do mobbing laboral ?acoso psíquico? son as enfermidades somáticas, os suicidios? Os homes presentan unha taxa de suicidios tres veces maior cás mulleres. A taxa de suicidios en homes separados é seis veces superior á de casados, mentres que a separación, o divorcio non incide na taxa de suicidios das mulleres.

Sabemos que no ámbito laboral, público, é moi difícil obter probas do acoso moral; moito máis difícil é no ámbito privado; se a isto se lle engade o actual tratamento de mulleres e homes fronte á lei, e a presión socio-política e mediática que, a forza de repetir a mensaxe ?mulleres vítimas / homes maltratadores?, converteuse nunha verdade incuestionábel, os homes teñen moi difícil probar que tamén sofren maltrato. Ademais da presión social pola que están moi mal vistos os homes como vítimas.

En quince anos de traballo con mulleres puiden observar como a maior parte das mulleres que atendín manifestan unha opinión desvalorizada dos homes, solucionan as diferenzas de xénero desvalorizando e desprezando o diferente. Unha tendencia humana frecuente: ataque ao diferente dun/a mesmo/a. Unha porcentaxe importante de mulleres desvaloriza, despreza, intenta controlar os seus homes, pero sen ningunha conciencia de que estean facendo dano. É tal a presión social sobre a actual visión de maltrato (mulleres vítimas / homes verdugos), que distorsiona a posibilidade de autocrítica por parte das mulleres; «o que elas fan sempre está xustificado». Moitas mulleres xa consideran maltrato o simple feito de que a parella se negue a facer as cousas como elas din.

Homes e mulleres maltratan e son maltratados/as, aínda que as mulleres resulten con maior número de lesións físicas pola maior forza física do home. Como coñecer a incidencia do maltrato nos homes, que posibelmente sexa principalmente psíquica e con armas de muller, como o vitimismo, a culpabilización do outro e que non se ve como acoso psíquico na actual corrente social na que se tende a instaurar como verdade social o que en realidade non é máis que o politicamente correcto?

Unha muller que se amosa como sufridora ou vítima, aínda que o estea empregando para magoar a parella, fillas, fillos? ao mostrarse como vítima, tómaselle como tal; non se ve o vitimismo como arma. Cando na historia das mulleres o sufrimento é unha arma que as nais a miúdo usan para supeditar as fillas sobre todo.

A dicotomía mulleres = vítimas / homes = verdugos, unha vez máis, reproduce a organización social patriarcal da que estamos imbuídos /as, ao que contribúen cada vez máis mulleres.

Dicotomía que prexudica tanto a mulleres como a homes; aos homes porque nestes momentos están indefensos fronte á lei e a sociedade; e as mulleres porque unha vez máis se nos identifica no noso rol de vítimas, esquecendo unha das reivindicacións da psicoloxía feminina que é que as mulleres poidan integrar a agresividade manifesta como parte da súa identidade persoal e social: agresividade necesaria para pór límites, autoafirmarse, facerse respectar?

Entendo a protección positiva ás mulleres fronte á desigualdade física entre homes e mulleres. Mais no caso do maltrato psíquico, as mulleres parece que psiquicamente somos máis poderosas: maior capacidade empática, mellor manexo e verbalización das emocións, tanto propias coma dos demais, tanto para ben como para mal. Non sería necesario tomar medidas de acción positiva para protexer os homes do maltrato psicolóxico dada a desigualdade a favor das mulleres?

* Publicado en Hika, núms. 171-172 (2005) e en Pensamiento Crítico.

** Amaia Beranoagirre Arteaga é psicóloga.