Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Carta aberta a un xuiz

D. Fernando Fernández Leiceaga

Maxistrado-Xuiz do Xulgado nº 3 de A Coruña (Xulgado de Familia) Ilmo. Sr. Xuiz: Coñecín a Sentencia de divorcio do meu caso hoxe e, ainda cando non teña efecto quixera facerlle algunhas observacións có debido respecto.

Publicado el

Vaia por diante o meu aplauso ó comprobar que vostede proclama a necesidade dunha ampla relación do pai/nai non custodio - e familia - cós seus fillos e a favorece.

a) Non quixen presentar apelación á Sentencia de Separación por varios motivos; primeiro porque a miña ex-esposa prometéume que non me poñería atrancos para ver ó noso fillo e porque me dixo que non quería os meus cartos xa que ela está sobrada ( como é doado comprobar ),- e non era a primeira vez que me deixéi enganar - e segundo porque sempre preciséi os meus cartos para axudar ós meus fillos e non quería darllos ós avogados.

Aínda se debe considerar que o cansancio e as miserias das loitas estériles por ver ó meu fillo pequeno (seis denuncias perante o Xulgado de Garda, denuncias dos meus dous primeiros fillos e padriños de pila de Pablo, da súa aboa...) e o desencanto que me producíu a Sentencia de Separación alonxaron de mín calquera tentación de loitar.

Vexa vostede que a Sentencia de Separación dí que o meu fillo pequeno (dous anos daquela e con nai millonaria) debe recibir as mismas cantidades (por analogía !) que os meus primeiros fillos, universitarios na Coruña e Lugo e con nai que recibe de mín pensión compensatoria.

(volvín a ler "El Proceso" ). Non sei si debo esquecer ó xuiz que daquela era titular de ese xulgado como unha causa máis.

E permítame que lle diga que teño presentado perante ese Xulgado un Incidente de Modificación de Medidas con probas que non me foi dado aportar no pleito de divorcio e que esperaba fose resolto antes da Sentencia de Divorcio.

b) É certo que na reconvención non se especifica o que é para mín a Garda e Custodia compartida, pero tamén e certo que é unha figura xurídica que non ten razón de existir. A Patria Potestade obriga en todo-los eidos ós pais e nais.

A Garda e Custodia exclusiva impide explícitamente calquera posibilidade de exercer a paternidade/maternidade ó proxenitor que non a "posúe" e da azos ós que queren administrar ós fillos como un bén privativo. Por outra banda, é ben certo que as Sentencias actuáis non evitan conflictos e entendo que non debe ser ésa a mira principal do impartidor de Xusticia.

Exemplo: non se permite de feito e amparándose no dereito ( Sentencias de Separación e Divorcio ) a participación nas A.P.A. dos colexios ó pai/nai divorciado/separado que non ostenta (detenta?) a Garda e Custodia.

c) Non podo entender que do feito de non apelar a Sentencia de Separación se poida tirar que estóu conforme con ela. Coido que nin lóxica nin xurídicamente pode ser aceptable tal xeito de pensar.

d) Séguese a falar de "visitas" para se referir á relación de pais/nais non "custodios" e fillos.

A relación coas compañeiras ou compañeiros é algo circunstancial ( o teño ben aprendido ), mentras a condición de fillo/pai/nai é esencial, inmutable i eterna. Os pais non divorciados non "visitan" ós seus fillos non emancipados. ¿ O divorcio altera a condición de pai/nai?.

Para rematar, quero animalo a seguir no camiño emprendido e felicitalo cordialmente po-lo novo xeito de tratar nas súas sentencias un drama ó que até dagora engadíase a inxusticia.

Antonio M. Díaz Piñeiro

P.S.- Hoxe, mércores 24-1-96 teño presentado perante o Xulgado de Garda unha denuncia por terse negado a nai de Pablo a permitirme "visitalo".

NOTA: hoy, 2 de Diciembre de 2005, mi hijo Pablo ha cumplido 14 años y me siento en la obligación y necesidad de publicar éste y otros escritos. MALDITOS SEAN LOS INJUSTOS EN NOMBRE DE LA JUSTICIA