Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Proposta para defensa colectiva

PROPOSTA PARA A IMPULSIÓN DUN PROXECTO DE DEFENSA PENAL COLECTIVA DAS RELACIÓNS E DEREITOS FAMILIARES.

Publicado el

Cada vez hai máis voces de alarma, probas e informes de expertos sobre falsas denuncias e outras formas de delincuencia no ámbito do pleitos de familia (manipulacións dos fillos que constituen graves casos de malos tratos, abusos e incumprimentos diversos das facultades da patria potestade, desobediencia das ordes xudiciais que pretenden amparar e/ou restablecer relacións entre os fillos e os seus proxenitores, fraudes e estafas variadas derivadas de enganos e picarescas destinadas a obter lucros persoais inxustos a conta da outra parte, etc.) que ata o de agora viñeron quedando caseque totalmente impunes, polo que foron e aínda siguen sendo unha forma insidiosa, de moi difícícil defensa individual e con frecuencia de moi dramáticas e caras consecuencias para os menores e para os familiares que as padecen.

Para que o combate contra esas actuacións delictivas poida ser eficaz resulta imprescindible impulsar a aplicación do dereito penal, xa que habitualmente hai en moitos xulgados unha laxitud e tolerancia hacia prácticas deste tipo máis que dubidosas, sendo aínda moi escasos os casos de xuices e fiscais que abren investigacións e se preocupan realmente por eliminar este tipo de delincuencia.

Creo que ao igual que fan tantos e tantos outros colectivos de persoas prexudicados por outros delitos, chegou o momento de que a AGPNS actua a través dun advogado para denunciar e perseguir penalmente ás persoas que practican escandalosamente esta delincuencia, así como para reclamarlle aos fiscais e xuices que cumpran coas súas obrigacións de persecución da delincuencia e protección das víctimas, e para incrementar tamén a reclamación da atención debida por parte de tódolos poderes públicos (recoñecemento do problema, dotación de medios, cursillos de formación, apoio de programas destinados a “limpar” os pleitos de familia desta delincuencia, e que permitan diferenciar ás víctimas reais das persoas que pretendan conseguir ventaxas co finximento de falsos delitos, e a promover o diálogo e a mediación familiar, etc).

Para eso creo que a Asociación Galega de Pais e Nais Separados debe dar o paso de contratar a un/ha advogado/a que poida asesorar e levar a cabo as accións xurídicas precisas, sen padecer as presións profesionais que teñen a maioría dos advogados/as para que limiten as súas críticas, xa que os seus ingresos non se verán limitados polo feito de que poida resultar molesta ou incómoda a súa actuación para os xuices e fiscais que sexan reacios a abordar en serio esta problemática (e que prefiran seguir pechando os ollos para non ter que molestarse en solucionala), senón que dependerán da asociación e de que a xuizo desta e das persoas ás que defenda faga ben o seu traballo.

Eso esixe polo menos contratar a unha persoa para este posto durante un ano, cun período de proba de seis meses, que deberá ser suficientemente activo/a e eficiente para asegurar o éxito e a continuidade do seu posto de traballo, e cuxa retribución podría plantexarse desde un mínimo inicial reducido (poñamos que uns 800 euros líquidos mensuais) ata o doble desa cantidade, na mesma medida na que os bós resultados do seu labor permitan incrementar a financiación.

Con estas cifras, teríamos inicialmente os seguintes custos:

- Retribución mensual mínima inicial........864,00

- Prorrata de pagas extras....................144,00

- Cotiz. Empr. Seg. ........................325,48

SUMA DOS CUSTOS SALARIAIS..............1.333,48

Co simple compromiso do pago dun 10% desta cifra (133 euros mensuais) con cargo o orzamento xeral da asociación, eu estou disposto a impulsar este proxecto en Lugo, comprometendome a conseguir o restante 90% da financiación con cargo aos beneficiarios (aos que se lles pedirá en todo caso unha cifra mínima módica, como pode ser, por exemplo, a dunhos 30 euros/mes, e o que voluntariamente poidan e queiran aportar por riba desa cifra), e aos ingresos que poidan vir de colaboradores privados ou públicos, ou, se fai falta, de poñer un posto público atendido con voluntarios e con folletos e libros no que se difunda o proxecto e se pida colaboración.

Por suposto, creo que esto mesmo é trasladable a calquer outra cidade na que haxa un equipo mínimo disposto a impulsar o proxecto e a sacalo adiante co seu esforzo, e o desexable sería que se extendera o antes posible a tódalas cidades de Galicia, co cal tamén conseguiriamos sen dúbida multiplicar o número de socios e estar en condicións de impulsar tamén outros proxectos e servicios que xa teñen noutros lugares.

Lugo, 14 de abril de 2005

Asdo. Francisco Torrente Hortas