Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

BUSCAMOS PAIS E NAIS QUE QUEIRAN DEFENDERSE COLECTIVAMENTE DE ACUSACIÓNS FALSAS EN PLEITOS DE FAMILIA.

Somos pais e nais denunciados en falso repetidas veces, por inventados malos tratos psicolóxicos e emocionais, como forma fácil e impune de descalificarnos e de conseguir así no Xulgado ilegalmente ventaxas de trato contra nós.

Publicado el

Polas crecentes voces de alarma de diversos expertos, existe xa información suficiente de que esta práctica está moi extendida nos conflictos de familia, sendo por tanto moi numerosas as persoas e avogadas/os que actuan así para conseguir ventaxas económicas e de trato polo Xulgado, con deliberada mala fe, crispando os conflictos familiares, sen importarlles os danos que producen ás persoas acusadas en falso nin aos fillos que padecen a instrumentalización, e que chegan a ser separados por completo dun dos proxenitores.

Buscamos persoas de Lugo e zonas próximas que teñan sido victimas de similares prácticas corruptas, para denunciar colectivamente estes feitos, clarificando as formas en que son cometidas e as graves consecuencias que acarrean, e para pedir que os poderes públicos (administración, policia, xuices, fiscais,...) defendan efectivamente aos fillos e pais/nais que ata o de agora veñen sendo víctimas indefensas desa delincuencia case sempre impune no ámbito familiar, e para que se esixan responsabilidades aos seus autores, e se apliquen de verdade as normas legais para defensa das relacións normais de afecto e solidariedade entre fillos e proxenitores, con resarcimento dos danos e prexuizos inxustamente causados.

Se estás interesado neste proxecto ou queres exponer o teu caso e pedir información ou ofrecer colaboración, podes contactar con nós, no teléfono 689148664, ou coa Asociación Galega de Pais e Nais Separados, no teléfono 679415033.

ASOCIACIÓN GALEGA DE PAIS E NAIS SEPARADOS