Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

El divorcio de la pareja no rompe la Familia

Continuando a colaboración comezada no ano 2003 coa Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela, vaise poñer en marcha unha nova edición do programa de orientación e formación "Ruptura de Parella, non de Familia" para familias con procesos de separación conxugal, que de novo estará subvencionado para os socios.

Publicado el

Logo da moi positiva valoración de tódolos participantes inscritos na primeira edición, esta segunda edición comezará o vindeiro día 16 de outubro de 2004:

Ø Participantes: nais, pais, fillos, novas parellas, avós, familiares, ...

Ø Contidos: Adestramento en habilidades para a resolución de conflictos; adaptación á nova situación; aprendizaxe de novos modos de relación familiar.

Ø Acreditación: Certificado de participación e aproveitamento

Lugar : Centro Socio-Cultural de Vite (Concello de Santiago) Telfs. (981)-570971 / 570988
(*) Información e formalización: Asociación Galega de Pais e Nais Separados

Telfs. 679-415033 (Norte) 619-707286 (Santiago)

Quen desexe unha maior información sobre o contido e desenvolvemento das actividades do programa, que está subvencionado para os socios, pode consultar os seguintes documentos na web da asociación, onde topará ademais a folla de inscrición.

Presentación del programa “Ruptura de Pareja no de familia”

Programa 'RUPTURA DE PAREJA, NO DE FAMILIA'

Ou pode poñerse directamente en contacto coa Unidade de Psicoloxía Forense, Facultade de Psicoloxía, Universidade de Santiago no teléfono 981-563100 ext.13871.


 
Cartel Ruptura parella