Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Comeza en Santiago o I Congreso de Psicoloxía Xurídica coa participación de recoñecidos expertos internacionais

Profesionais da Psicoloxía, o Dereito, a Criminoloxía e as Ciencias da Educación daranse cita en Santiago a partir do luns, día 12, no I Congreso de Psicoloxía Xurídica.

O encontro inaugurarase o luns ás 10:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía, coa presencia do secretario xeral da USC, Joaquín Rodríguez-Toubes, o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, Jesús Palmou, e o decano do Colexio Oficial de Psicólogos de España, Francisco Santolaya.

Publicado el

O encontro organízase dada a inexistencia dun foro de debate entre investigadores e técnicos na área de Psicoloxía e Lei aínda que en Galicia se conta cun nutrido grupo de profesionais e académicos de gran prestixio internacional que presentan gran parte dos seus coñecementos en eventos estranxeiros. No congreso entón preténdese crear unha rede nacional que propicien este tipo de accións de maneira periódica.

Tras o acto inaugural o membro directivo da European Association of Psychology and Law e profesor da Universidade de Kiel (Alemania), Thomas Bliesener, pronunciaráa conferencia plenaria ‘Factores de risco e protección no desenvolvemento da conducta antisocial e delictiva e as súas implicacións para a prevención e intervención’. Seguidamente terá lugar unha ponencia sobre ‘Persoas menores de idade infractores e medidas alternativas á privación da liberdade’ a cargo de María Silvia Oyhamburu, xuíza de Menores da Provincia de Bos Aires (Argentina). Paralelamente, a profesora da Universidade de La Laguna Ana María Martñín, falará das aportacións da Psicoloxía Xurídica ao control e prevención do delicto ecológico’.

Pola tarde, ás 16:00 horas o profesor da Universidade de Minho Rui Abrunhosa ponunciará a ponencia ‘O papel da familia na adquisición do comportamento prosocial e antisocial’, e Javier Urra, primeiro defensor do Menor da Comunidade de Madrid, falará sobre ‘Violencia de xénero. Abordaxe desde a infancia’.

As sesións do luns rematarán coa conferencia plenaria ás 18:15 horas ‘Delincuencia Xuvenil: Avaliación e intervención’ a cargo de Raymond Corrado, catedrático de Psicoloxía da Frase University (Canadá).