Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Conclusións do taller "Custodia Compartida"

Durante os pasados 1 e 2 de novembro, a Asociación Galega de Pais e Nais Separados organizou un ?Encontro de pais, nais e profesionais ó redor do divorcio?.

Publicado el

Entre as actividades desenvolvidas destacan as de varios obradoiros de traballo formados polos propios participantes, pais, nais e profesionais, preocupados polo caso das parellas que se rompen con existencia de fillos. As conclusións que se obtiveron no obradoiro de “Custodia Compartida” pódense resumir nas seguintes:

-Toda ruptura de parella é unha situación difícil e non desexable, pero éo máis cando desa unión existe descendencia, polo que se debe garantir que os fillos sufran o menos posible. Cómpre satisfacer as necesidades dos fillos de estar con ambos pais.

-Os fillos teñen dereito a que non se lles obrigue a escoller entre seu pai e súa nai, é dicir, tamén teñen dereito a ser educados por ambos pais.

-A Mediación Familiar, cuestión tratada tamén neste obradoiro, debe ser o recurso onde a parella que se separa pode obter información, axuda, orientación familiar, etc. Este proceso de mediación familiar debería estar formado por un equipo miltidisciplinar, onde figuren psicólogos, asistentes sociais, avogados, etc. Este equipo, logo dunha ou varias sesións e en función das circunstancias de cada pai e nai, podería obter un deseño de Custodia Compartida, aceptado por ambos pais.

-Naqueles casos nos que a separación sexa traumática, cando a dor, xenreira e rancor agromen, débese protexer ante todo o interese do menor de estar con ambos pais. Por iso, cando a carencia de diálogo, a falta de comunicación e a imposibilidade de chegar a un acordo sexa evidente, o proceso de Mediación Familiar, si un dos páis o solicita, débese converter nun paso obrigatorio para esa parella rota. Este equipo de mediación podería ser de gran axuda para a superación dese trauma e para chegar a un acordo de custodia e tempo de convivencia cos nenos por parte de ambos pais.

-Ambos pais deben ter unha participación activa no desenvolvemento e educación dos fillos, pero debido ás particularidades de cada proxenitor, parece evidente que non debe haber un modelo de Custodia Compartida estándar.

-É preciso buscar unha estabilidade nas relacións e tempo de convivencia dos fillos cos pais, esixindo, asumindo, repartindo e mantendo os compromisos adquiridos por cada pai e nai.

-A Custodia Compartida resulta necesaria e imprescindible para conseguir a efectiva igualdade de xénero entre o home e maila muller, un paso máis para acadar a igualdade laboral e a igualdade de oportunidades, tanto no seo da empresa coma fóra dela, tanto no desenvolvemento profesional coma no persoal.

-Por último,, é necesario fomenta-lo cambio de mentalidade e de conciencia das nosas xentes, asumindo que as separacións e os divorcios son unha rea_ lidade social que se debe comprender e asumir con naturalidade.