Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

O impago é ás veces producto da frustración por verse desvencellado

ABEL LAMAS (ASOCIACIÓN GALEGA DE PAIS E NAIS SEPARADOS)

El impago es aveces producto de la frustración por verse desvinculado

(LA VOZ DE GALICIA 27/9/2003)

Publicado el

«» Abel Lamas acolle con optimismo a unanimidade do Parlamento galego para esixir a creación deste fondo de garantía. Vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, é consciente de que en todos estes casos o maior perxudicado é sempre o mesmo: o fillo.

-Entendemos que si, xa que é unha medida necesaria porque sempre son os nenos os que se atopan desprotexidos.

-En Galicia e en todas partes. Estamos en contacto con asociacións do resto do Estado, e é un problema demasiado frecuente.

-Non depende do sexo, senón de quen ten a custodia, e case sempre é a nai. Por iso dende a asociación procuramos que se consiga a custodia compartida. O que ocorre é que nos casos de separación e divorcio, un dos cónxuxes queda demasiado desvencellado, e por frustración deixa de pagar.

Quen ten a custodia entón interrumpe ou dificulta as visitas. Cada unha das partes utiliza as súas bazas, polo que un sistema regular de custodias compartidas podería evitar estos problemas.

-Cando se separa unha parella unha das partes queda moi diminuída economicamente. Esto acrecéntase cando o proceso de separación se alonga, xa que pode durar dous ou tres anos, co que os fillos quedan desprotexidos. En moitas ocasións é a propia familia dun dos cónxuxes a que ten que paliar este tipo de situacións.

-De feito, penso que está en vías de aprobación un proxecto de lei polo que se establecen ata penas de prisión para os que incumplan durante varios meses consecutivos os pagos.

-Establécese con un baremo sobre o poder adquisitivo do que non ten a custodia. Ás veces hai un acordo entre as partes, e, se non, pode chegar ata un 40% do salario da persoa.