Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Programa de Voluntariado

Motivación da Proposta de Programa de voluntariado ?Ruptura de Parella, non de familia?

Publicado el

O horario previsto será de 17:00 a 19:00 horas. Calquera modificación, por cuestión de necesidade, do calendario ou ubicación establecidos, será estudiado conxuntamente polos responsables da coordinación do proxecto.

Prazas de voluntarios

Doutorandos

O proxecto formúlase coa participación de 4 ou 5 estudiantes de terceiro ciclo ou doutorandos, dirixidos e coordenados polo Prof.Dr. de esta Universidade D.Ramón Arce e a Prof.Dra. Francisca Fariña, da Universidade de Vigo. Debido á especificidade das características da estructura do programa, anteriormente descrita, requírese o citado nivel de formación.

Aínda cando se contempla o interese persoal, curricular e formativo que a participación no programa poida ter para estes voluntarios, a participación de tódolos voluntarios no marco do desenvolvemento do programa, tanto da USC como da Asociación, rexerase, en todo caso, pola orientación da finalidade da lei do voluntariado de Galicia e o interese social do labor realizado.

Alumnos

Adicionalmente, como extensión da finalidade do programa, pero independentemente do mesmo, proponse a creación de dúas prazas mais de voluntariado que estarían adicadas á atención dos nenos participantes no programa ou de aqueles outros que, acudindo xunto cos seus pais ás actividade de apoio que realiza a Asociación no Centro Sociocultural de Vite, non estiveran integrados no programa. Están xa en funcionamento unha ludoteca e un taller de actividades plásticas nos que os voluntarios desenvolverían as súas funcións, asesorados e apoiados polos voluntarios da propia asociación.

Para estas prazas non se requiriría un nivel de formación concreto pero si unha orientación cara as áreas da psicopedagoxía ou psicoloxía familiar.

Estas dúas prazas de voluntariado cubrirían dúas horas de atención ós nenos, compartida cos voluntarios da propia Asociación, os sábado que tivera lugar o proxecto de intervención familiar, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Así mesmo, os sábados restantes en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Profesorado

O Prf. Ramón Arce, da USC, e a Profa. Francisca Fariña, da Universidade de Vigo, desenvolverían o seu labor como voluntarios, así mesmo.

Seguimento e avaliación do Programa

Unha vez finalizado o programa, a Asociación realizará un informe do desenvolvemento especificando tempo de realización (inicio e remate) e os resultados conseguidos, do que dará traslado á Universidade.