Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Propuesta del Programa de Voluntariado

de la Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Publicado el

Motivación da Proposta de Programa de voluntariado “Ruptura de Parella, non de familia”

Contexto do Programa 1
Antecedentes do Programa 1
Obxectivos do Programa 1
Estructura do Programa 2
Dirección e coordinación do Programa 2
Lugares e Datas de Celebración 3
Prazas de voluntarios 3
Doutorandos 3
Alumnos 3
Profesorado 4
Seguemento e avaliación do Programa 4

Contexto do Programa

A separación conxugal conleva una desestructuración familiar que afecta a tódolos membros da familia, con risco de producir problemas emocionais, psicolóxicos e conductuais a curto, medio e longo prazo. Como medio de controlar estas repercusións negativas y lograr un bo axuste post-separación, proponse a participación das familias no programa de intervención “Ruptura de parella, non de familia”.

Antecedentes do Programa A Asociación Galega de Pais e Nais Separados leva, dende a súa fundación, traballando pola creación dunha conciencia e actitude social que protexan as familias de pais e nais separados, con fillos en común, da súa desintegración; propiciando a existencia de un contorno axeitado para a crianza e formación dos menores.

A Unidade de Psicoloxía Forense da Facultade de Psicoloxía, coordinada polo Profesor Dr. Ramón Arce, en cooperación coa profesora Dra. Francisca Fariña, da Universidade de Vigo, contempla nas súas liñas de investigación aplicadas e labor asistencial, a reestructuración familiar tras a ruptura de parella .

Vista a sinerxía froito da coincidencia das orientacións de ámbalas dúas accións e do seu indubidable interese social, suscítase a presente proposta de cooperación.

Obxectivos do Programa

Este ten como obxectivo proporcionar ós adultos ferramentas cognitivas para afrontar, principalmente, estados de ansiedade e estres, resolver problemas dunha forma mais eficaz e axudar á integración da familia, para que a ruptura da parella non supoña unha separación familiar.

En canto á intervención con menores, o programa ofrécelles apoio emocional, para entender e asumi-la separación, sen que lles produza sufrimento; así como a posibilidade de adquirir e desenvolver destrezas, que lles permita ser mais eficaces, no só dentro do contexto familiar senón tamén nos restantes ámbitos da vida. O programa diríxese a todos os compoñentes da familia, incluíndo a avós ou outros parentes (cando existe una relación de convivencia) e novas parellas estables.

Estructura do Programa A intervención componse dunha entrevista individual previa e de 15 sesións de unha duración en torno a dúas horas cada unha.
Por outra parte, complementarase, para aqueles que o requiran, con asesoramento psicolóxico individual, co obxecto de que se poida consultar calquera problemática relacionada co proceso de separación.

Estando previsto que o programa se inicie, en Santiago de Compostela, no mes de febreiro de 2003. Anque sería positivo que asistiran todos os membros da familia, pódese facer de forma individual.

Dirección e coordinación do Programa O programa estará dirixido na súa labor técnica polo profesor Ramón Arce e a profesora Francisca Fariña, que coordinarán o exercicio das actividades desenvolvidas por un grupo de 4-5 alumno/as de terceiro ciclo ou doutorandos.

Estes voluntarios ocuparanse do exercicio da dirección das sesións dos grupos de adultos e nenos que se conformen, así como das tarefas de apoio psicolóxico que se lles encomenden.

Existirá un calendario de actividades de coordinación e avaliación continuadas da marcha do proxecto. A Asociación Galega de Pais e Nais Separados, responsabilizarase da organización técnica e material dos recursos necesarios para a boa marcha do proxecto, así como das labores de organización e contacto entre os participantes, procurando a creación de grupos de participantes coas dimensións axeitadas.

Realizará ademais a difusión social desta iniciativa, facilitando información respecto do mesmo ás persoas ou entidades que así o soliciten.

D. Carlos Gayoso Marchante, como Responsable de Programas de Voluntariado da Asociación, realizará o seguimento do desenvolvemento do proxecto, facilitará o apoio necesario para o exercicio das súas función ós voluntarios e poderá expedir, no seu día, os informes de actividade que se precisen.

Lugares e Datas de Celebración

O proxecto comezará, logo dunha fase previa de difusión e captación de participantes, no mes de febreiro de 2003.

As sesións de actividades dos grupo de adultos e de nenos, terán lugar, cunha periodicidade quincenal a partires do sábado 8 de febreiro de 2003, nas dependencias do Centro Sociocultural de Vite do Concello de Santiago de Compostela.

O uso destes locais faise en virtude da cesión de uso que a Dirección do Centro Sociocultural facilita á Asociación para este proxecto e outras actividades, nos días e horarios establecidos. O horario previsto será de 17:00 a 19:00 horas. Calquera modificación, por cuestión de necesidade, do calendario ou ubicación establecidos, será estudiado conxuntamente polos responsables da coordinación do proxecto.

Prazas de voluntarios

Doutorandos

O proxecto formúlase coa participación de 4 ou 5 estudiantes de terceiro ciclo ou doutorandos, dirixidos e coordenados polo Prof.Dr. de esta Universidade D.Ramón Arce e a Prof.Dra. Francisca Fariña, da Universidade de Vigo. Debido á especificidade das características da estructura do programa, anteriormente descrita, requírese o citado nivel de formación.

Aínda cando se contempla o interese persoal, curricular e formativo que a participación no programa poida ter para estes voluntarios, a participación de tódolos voluntarios no marco do desenvolvemento do programa, tanto da USC como da Asociación, rexerase, en todo caso, pola orientación da finalidade da lei do voluntariado de Galicia e o interese social do labor realizado.

Alumnos

Adicionalmente, como extensión da finalidade do programa, pero independentemente do mesmo, proponse a creación de dúas prazas mais de voluntariado que estarían adicadas á atención dos nenos participantes no programa ou de aqueles outros que, acudindo xunto cos seus pais ás actividade de apoio que realiza a Asociación no Centro Sociocultural de Vite, non estiveran integrados no programa. Están xa en funcionamento unha ludoteca e un taller de actividades plásticas nos que os voluntarios desenvolverían as súas funcións, asesorados e apoiados polos voluntarios da propia asociación.

Para estas prazas non se requiriría un nivel de formación concreto pero si unha orientación cara as áreas da psicopedagoxía ou psicoloxía familiar. Estes dúas prazas de voluntariado cubrirían dúas horas de atención ós nenos, compartida cos voluntarios da propia Asociación, os sábado que tivera lugar o proxecto de intervención familiar, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Así mesmo, os sábados restantes en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Profesorado
O Prf. Ramón Arce, da USC, e a Profa. Francisca Fariña, da Universidade de Vigo, desenvolverían o seu labor como voluntarios, así mesmo.

Seguimento e avaliación do Programa
Unha vez finalizado o programa, a Asociación realizará un informe do desenvolvemento especificando tempo de realización (inicio e remate) e os resultados conseguidos, do que dará traslado á Universidade.