Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

CONVENIO MARCO DE COLABORACION ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE PAIS E NAIS SEPARADOS

(Fruto del trabajo e iniciativa de nuestro vicepresidente, Abel Lamas)
PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO

Publicado el

Unha vez finalizado o programa, a Asociación realizará un informe do desenvolvemento especificando tempo de realización (inicio e remate) e os resultados conseguidos.

Con estes datos, a Universidade procederá á anotación no seu rexistro de voluntarios e a expedi-las certificacións correspondentes.

2. A Universidade poderá colaborar na xestión dos programas de voluntariado aportando profesorado universitario así como a posibilidade de que se poidan subscribir, con caracter previo, convenios específicos para que, en determinadas actividades, a labor realizada poida ser recoñecida como créditos por equivalencia ou de libre elección.

3. Ámbalas dúas partes poderán promover, de común acordo, a realización de actividades de información, asesoramento e difusión de actividades de voluntariado social.

4. Créase unha Comisión se seguimento do convenio formada por:

- o Vicerrector de Estudiantes da USC
- o Vicerrector de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitaria
- o Profesor Dr. Ramón Arce
- o Vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados
- o Responsable de Programas de Voluntariado da Asociación

-As súas funcións serán as de interpretación, seguimento, coordinación e cumprimento do Convenio, resolvendo as dúbidas que a execución poida presentar.

5. A duración do Convenio é de dous anos. Ó seu remate prorrogarase automaticamente salvo denuncia expresa con dous meses de antelación, sen que poida afectar ós programas pendentes de rematar.

6. Poderá rescindirse o Convenio, previa reunión da Comisión de seguimento, cando exista incumprimento grave dunha das partes.

7. As cuesti6ns xudiciais derivadas do Convenio substanciaranse en vía Contencioso-Administrativa.

Santiago de Compostela, a de marzo de 2003

Pola USC Pola Asociación