Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

CONVENIO MARCO DE COLABORACION ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A ASOCIACIÓN GALEGA DE PAIS E NAIS SEPARADOS

(Fruto del trabajo e iniciativa de nuestro vicepresidente, Abel Lamas)
PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO

Publicado el

Dunha parte D. SENEN BARRO AMENEIRO, Rector da universidade de Santiago de Compostela (USC) con domicilio na praza do "Obradoiro s/n, no nome e representación desta Institución Doutra parte, D. ANTONIO DÍAZ PIÑEIRO, Presidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, rexistrada co nº nacional 135496.

EXPOÑEN

Que a Asociación Galega de Pais e Nais Separados (en adiante “a Asociación”) ten como unha das súas finalidades a promoción e desenvolvemento de iniciativas de apoio e atención ás familias que afrontan a problemática da separación conxugal, especialmente na prevención das súas repercusión nos fillos.

Dado que estas finalidades encaixan dentro das Áreas do voluntariado social recollidas na Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado (artigo 4), e nos principios inspiradores recollidos no artigo 6, esta Asociación está lexitimada e capacitada para canalizar e xestionar programas de voluntariado convocados pola Universidade de Santiago.

Existindo xa actualmente unha fructífera colaboración entre a Universidade de Santiago e a Asociación, a través da cooperación entre esta e a Unidade de Psicoloxía Forense da Facultade de Psicoloxía, coordinada polo profesor Dr. Ramón Arce, do Dpto. de Psicoloxía Social e Básica, coa posta en marcha do programa “Ruptura de Parella, non de familia”; estimamos, no momento presente, a necesidade e conveniencia de proceder á formalización de estas actividades, que se desenvolven nos locais que, para estas fins, cede o Centro Sociocultural de Vite do Concello de Santiago de Compostela.

Á vista do anterior, ámbalas dúas partes, recoñecéndose plena capacidade de obrar, acordan asina-lo presente Convenio de colaboración para a realización de programas de voluntariado, conforme as seguintes

CLÁUSULAS

1. A Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación colaborarán na realización de programas de voluntariado social.
A asociación proporá á USC a realización de programas de voluntariado, de carácter educativo e de apoio social ou calquera outro que puidera xurdir, concretando as funcións a desenvolver, os lugares, datas de duración do programa, así como calquera outra circunstancia de interese.
Sobre os programas propostos e aceptados, a USC realizará a correspondente convocatoria para a súa cobertura.
Unha vez admitidos os voluntarios, estes serán nomeados pola Universidade, entregándolles a oportuna acreditación, contratación da póliza de Seguro e gastos que se puideran derivar da súa acción voluntaria, de conformidade coas dispoñibilidades orzamentarias do Vicerrectorado de Estudiantes. A Asociación promoverá a información, formación e asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento do programa así como a vixilancia do cumprimento do mesmo.