Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Decreto de Mediadores Familiares de Galicia

Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado
Dirección Xeral de Familia - Subdirección Xeral de Familia

Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta

Publicado el

Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuita.

O Parlamento de Galicia, en virtude da competencia que en materia de asistencia social lle atribúe o artigo 27.13º do Estatuto de autonomía, aprobou a Lei 4/2001, do 31 de maio, da mediación familiar.
A dita lei ten por obxecto regula-la institución da mediación familiar en Galicia, como método de procura-la solución dos conflictos que poidan xurdir en supostos de crise matrimonial ou de parella.

Para os efectos da lei, enténdese por mediación familiar a intervención de profesionais especializados requiridos voluntariamente e aceptados, en todo caso, polas partes en condición de mediador.

A mediación poderá utilizarse tanto con carácter previo á iniciación de procedementos xudiciais como para acharlles saída a procedementos xudiciais en curso.

Xa que logo, a figura do mediador perfílase como elemento clave e vertebrador da institución da mediación familiar en Galicia. A Lei de mediación familiar, non obstante, non regula polo miúdo esta figura, limitándose a establecer no artigo 5 a intervención, en cada procedemento de mediación, dunha persoa inscrita no rexistro de mediadores, que deberá reuni-los requisitos de experiencia profesional e formación específica que se establezan regulamentariamente.

En todo caso, serán expertos en actuacións psico-socio-familiares.

Polo tanto, este decreto ten por obxecto a regulación da figura do mediador familiar así como a creación e regulación do Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia, no que preceptivamente deberán estar inscritos os mediadores para así poderen desenvolver axeitadamente a súa función, tal e como prescribe o artigo 18 da Lei reguladora da mediación familiar.

No seu desenvolvemento, o decreto ten en conta as pautas coas que a lei perfilou a institución mediadora e a figura do mediador, tendo así presente que a figura do mediador familiar se caracteriza por ser un profesional especializado, imparcial e independente, do que se require a súa actuación, por iniciativa das partes, para os efectos de facer posible a apertura de canles de comunicación entre elas, facilitándolles, con este fin, un procedemento de negociación que lles permita acadar solucións satisfactorias para as súas situacións de conflicto familiar, sen atribuírlle, polo tanto, facultades decisorias ou dirimentes sobre o conflicto, como é propio das arbitraxes.

Polo que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, de acordo co informe do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO: