Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

¿Cómo han visto los voluntarios la Marea Negra de Galicia?

Testimonios vividos

Publicado el

Pegamos a pancarta nun muro con chapapote e marchamos a descansar ás duas , despois de 3 horas enfouzados en merda negra.

Fun comer coa sensación de que fixemos o que debiamos, aínda que só o viran os que estaban alí. Ducheime moi a gusto a pesar da auga fría.

E máis a gusto porque cando chegabamos ó polideportivo marchaban un grupo de veciñas que nos levaran comida.

Por primeira vez alguén se preocupaba por nós, aparte de Protección Civil, que xa nos levaran algo de auga e leite.

Comemos tortilla, sopa, churrasco, filetes empanados... Todo moi bo, aínda máis rico pensando que o fixera parte do pobo de Muxía para agradecernos o noso esforzo.

Coincideu que aquel día chegou por primeira vez a Cruz Vermella para darnos de comer e montaron o chiringo no porto.

Un grupo de compañeiros díxolles ás señoras que nos trouxeran a comida ó polideportivo, para que non dixeran que toda a comida a poñía a Cruz Vermella.
Porque xa estabamos curados de mentiras e manipulacións.
Marchei despois de comer coa satisfacción de que os rapaces universitarios xa estaban facendo pancartas.
Si, as que vin hoxe en Telecinco (o único medio televisivo que mostrou as protestas) na visita do Rei.
Despedínme de Carlos e Luis á tardiña para chegar a Santiago para a manifestación do domingo.
Eles non sabían se irían tamén ou quedarían para o luns cando chegara o Rei.

Por certo para que vexades a situación da Costa da Morte:
os sábados despois das 14.30 non hai autobuses que saían do pobo a ningures.
Levoume un dos compañeiros do chapapot ( como din os franceses).

E en Santiago unha gran emoción, pola cantidade de xente, pero tamén escepticismo.
Cando desapareza dos medios esquecerase.
E vendo ó enemigo, un dase conta que non se pode vencer en moitos meses, coa axuda dos temporais e de miles e miles de persoas que agora non hai.

Eu só estiven alí pouco máis de 24 horas, pero foron moi, moi intensas.

Pediríalle á xente que se apuntou que vaia alá a ver a verdade.
Espero que a situación sexa mellor.
Pero si vai, que vaia con espíritu guerreiro, a pelexar, a protestar, non a rendirse.
Sabendo que sí hai algunha xente que vos quere alí.

Francisco Alexandre