Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

¿Cómo han visto los voluntarios la Marea Negra de Galicia?

Testimonios vividos

Publicado el

MENTIRA.

Todo o contrario dos galegos que nos apuntamos voluntarios.
A nós dixéronnos que non se necesitaban voluntarios, que había traballadores de Tragsa.
Sempre desanimándonos a que foramos.
É unha das realidades que facía que me caera a cara de vergoña.
A pesar de que nos puxeran trabas, galegos naquela reunión eramos 5. Entre cento e pico voluntarios.
E en calquer momento da semana sobraban dedos das mans para contar ós voluntarios galegos.

A manifestación de Santiago, na que tamén estiven, foi moi importante, case máis que o que podiamos facer quitando uns kilos de chapapote.
Pero dos 200.000 non estiveron nas praias como voluntarios nin a centésima parte. Para mirar si.

Tamén comentamos onde estaba o exército, só para facer o paripé, 85 soldaditos para máis de 400 kms. Non chegan nin para unha minipraia.

E digo paripé porque vin en Telecinco unha conexión con Malpica onde estaban detrás da presentadora bromeando, apoiados sobre ás pás.

Cando comenzou a falar escoitouse "ahora,ahora" e os marineritos facían que traballaban coma condenados.

Un dos compañeiros no polideportivo era traballador de Tragsa, chegado de Vigo coma min.
Estaba nas mesmas condicións ca nós, durmindo nunha colchoneta se tiña sorte, duchándose en auga fría se non a tiña; pagándose a súa comida e coa misma escaseza de material, pois non podían nin lavalo.

Ninguén se ocupaba diso. Nós tamén tiñamos que reutilizar os impermeables e as botas cheas de merda, pois ninguén as limpa. Necesitaríase unha pistola de auga quente.
E esa só se viu un día polo paseo de Muxía para que a gravaran as cámaras e logo levarona.
A única diferencia dos de Tragsa (eran 20 en Muxía) é que eles si tiñan boas máscaras, pois tiñan que estar moitas horas en contacto co chapapote, e que cobraban uns 6 euros por hora.
Si, son contratos de ETT.
Este compañeiro non traballaba só polos cartos, e non sabía canto aguantaría.
De feito estaba disposto a perde-lo traballo para protestar.

Ó final fun para a miña colchoneta (50 para os cento e pico) bastante triste.
Os universitarios botaranse para atrás (porque a viaxe fora organizada e pagada pola Escola) ante a posibilidade de que nos puideran botar de Muxía.

Pola mañá do sábado espertei pensando en marchar, porque parecíame que alí non facía nada.

Despedínme de Luis e Carlos e cando collía a mochila oinos dicir: "Bueno vamos por la tela para la pancarta".
Ante iso quedei.
Fixemos a pancarta cun anaco de plástico e cinta americana:


SOS VOLUNTARIOS ENGAÑADOS
GOBIERNO : MIENTES
GALICIA : DESPIERTA

E alá fomos limpar, esperando que apareceran os xornalistas.
Alí nunha mini praia, que máis que praia era unha morea de pedras había 50 ou 60 compañeiros.
Ninguén che di o que tes que facer, chegas alí e a quitar chapapote de calquer xeito, e por suposto coas mans.
As pás nesas condicións non serven de nada, o chapapote ten a consistencia do chicle.

O único ó que non se adhire é ás tellas ou materiais porosos. Seino porque a parte de arriba era unha escombreira das tan habituais na nosa costa, que di moito da preocupación dos galegos polo medio ambiente.

Metías o chapapote no caldeiro e en cadea levábase ata os 3 contenedores que tiñamos.
Nun intre dado enchéronse e tivemos que botar toneladas directamente sobre a terra.
A alegría dos que levaban días alí foi moita cando chegou un camión e retirou un contenedor.

Era pouco frecuente.

Cando descansaba quedaba mirando ó meu arredor e vía unha situación surrealista:
un grupo de xente vestida de branco ( os monos e as luvas, son o único de usar e tirar ; as mascarillas quita-medos tamén, pois das de filtros hai moi poucas) quitando aquela morte negra das pedras coma posesos.

Eu non lle vía sentido a nada, limpabamos un sitio que debería ser dos últimos en limpar, e por riba de lado a lado, non de arriba a abaixo. Unha escombreira moi batida, que como dicían os de protección civil, nunhas horas estaría igual.

Estabamos alí para a tele.

O único importante era sacar canto máis mellor. A organización e coordinación: NULA.

¡Ca de praias marabillosas que debían estar cubertas de fuel!.
E alí si que sería importante limpar canto antes de que filtrara ó fondo e acabara coa microfauna e os microorganismos.
Ademáis de que seria moito máis doado.

Colocamos a pancarta nun lugar bastante visible e os fotógrafos empezaron a tirar fotos.
Os curiosos mirabannos con curiosidade (valla a redundancia).
Algúns dos nosos compañeiros axudaronnos a poñela, pero a maioría sigueu no traballo.

A xente ía alí a eso, e o chapapote métese no cerebro e fai que traballes sen parar, porque sabes que nunca vas rematar.

Somos formiguiñas loitando contra un xigante escuro, que repta pola area, as pedras, o teu corpo, ata que chega ós lugares máis insospeitados.

O da tele merece un comentario. Supoño que todo o mundo o sabe, pero só están alí para dicir que o goberno estaba facendo moito.

Polo menos TVE e TVG. Sentíame cómplice, porque estaba colaborando a dar impresión de que había moita xente limpando.

E por suposto en ningún momento enfocaron a pancarta, esquivabana todo o tempo.

Encareime coa presentadora de TVG, Loli Alvárez e pregunteille porqué non a enfocaban.

Encolleuse de hombros e apartou a mirada.
Cando entrou en directo estaba limpando detrás dela.
Estiven a puntiño de tirarlle unha boa bosta de chapapote.
Colleume o brazo o Luis, e díxome que non valía a pena.
Que non deixaban de ser uns mandados ós que podían despedir.

A min parecenme cómplices non porque non sexa verdade iso, senón porque nin siquera se molestan en gravar a verdade, aínda que despois llela censuren.