Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

¿Cómo han visto los voluntarios la Marea Negra de Galicia?

Testimonios vividos

Publicado el

Miguel Vázquez Freire

To: "Burla Negra Plataforma"

Subject: Visita real a Muxía Date: Mon, 2 Dec 2002 20:41:08 +0100

A través duns familiares de Muxía chégame esta información, que é improbable que saia reproducida nos medios e que sen embargo paréceme de relevancia:
Durante a visita do rei a Muxía, uns grupos de voluntarios manifestaron a súa protesta polas condicións en que están a levar o seu traballo:
o concello vén negándolles sistematicamente medios, sen aloxamento axeitado están a pasar frío, estanlles a dicir que non hai cartos nin sequera para lles dar de comer...

As xentes da vila que rodeaban ó rei e ó alcalde, ben significadas como votantes do PP, reviráronse contra os voluntarios que participaban na protesta, chamándoos "mortos de fame" e "drogadictos", entre outras bonituras.

Este enfrontamento entre os voluntarios e un sector dos muxiáns vénse repetindo desde o principio dos labores de limpeza.
Desde o primeiro momento, o alcalde negouse a prestar ningún tipo de axuda, chegando a dicir que o chapapote se limpaba cunha simple mangueira de auga.

Este alcalde (do PP, por suposto) chegou a ser amenazado por xentes da confraría de pescadores cando tamén se negou a fletar un autobús para as xentes que querían ir á mani do domingo.

Acabo de ver o telediario das 20,30 h de Telecinco e recollen as protestas que un voluntario di diante do rei, pero non os enfrontamentos posteriores.

O abandono no que se atopan estes voluntarios chega ata o extremo de que as xentes da vila que se avergonzan do comportamento do concello son quen lles están a dar de comer.
Teñen feita unha colecta e cos cartos mércanlles comida nos super, hai familias que lles están a preparar comidas...

A marea negra via deixar tamén unha fonda división en Muxía.
Sería bo contrastar esta información con informacións directas dos voluntarios que están a traballar en Muxía, se alguén puidese conseguir contactar con eles. Miguel VF

"...en el Partido Popular de Galicia sigue cundiendo cierta preocupación ante las bajas que se están produciendo por parte de algunos militantes en distintos puntos de la comunidad autónoma, algo que se suma a la contestación directa contra los gobiernos central y de la Xunta por parte de algunos alcaldes del PP que, incluso, hicieron acto de presencia en la macromanifestación de Santiago este pasado fin de semana."