Asociación Gallega de Padres y Madres Separados

Ayuda práctica, jurídica y psicológica padres, madres, separados, divorciados e hijos

Ejemplo de denuncia de una mujer que sufre ultrajes

Rosalía de Castro 1837 - 1885
'Follas Novas' 1880
En su tiempo la justicia era lenta y sorda

Publicado el

A XUSTICIA POLA MAN

Aqués que ten fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas de un día,
A roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos...¡Meus anxos...! que tanto eu quería
¡morreron, morreron ca fame que tiñan! (1)

Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto os raposos de de sangue maldita,
Tranquilos un leito de rosas durmían.

Salvádeme ou xueces berréi…¡Tolería !
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
Bon dios axudaime berréi, berréi inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oira.

Estonces, cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne as herbas sentían!
I a Lua escondíase, i afera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida (2)
I o lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día

I estonces..., estonces cumpreuse a xusticia: Eu, neles; i as leises, na man que os ferira